fem market

Femnoise quere crear o primeiro mercado de economía dixital da industria da música con perspectiva de xénero

Compartir

A organización Femnoise puxo en marcha unha campaña de crowdfunding que finaliza o próximo 18 de decembro co obxectivo de crear FemMarket.
 
Esta iniciativa funcionará como un mercado para que creadoras ou profesionais da industria musical poidan ofrecer os seus produtos ou crear un portafolio de forma gratuíta. En FemMarket as persoas usuarias poderán atopar e vender produtos e servizos relacionados coas necesidades doutras creadoras e doutras persoas profesionais da música. O obxectivo económico da campaña era chegar a un mínimo de 4.400 euros para poñer en marcha esta plataforma superárono pero para o obxectivo óptimo aínda faltan uns 2.000 euros e quedan só tres días para logralo. Se queres sumarche e colaborar coa iniciativa podes facelo aquí: https://www.goteo.org/project/femmarket

Femnoise é unha unha organización internacional sen ánimo de lucro que desde 2017 ten como obxectivo aumentar a participación activa das mulleres e disidentes no desenvolvemento das comunidades locais, rurais e urbanas nos ámbitos da cultura, a educación, a tecnoloxía e as industrias creativas.