Festivala

“Festivala: Mulleres Creando” chega esta fin de semana a Vilagarcía de Arousa

Compartir

“Festivala: Mulleres Creando” celebrará a súa sexta edición esta fin de semana (26 e 27 de agosto) na Praza da II República de Vilagarcía de Arousa.

O festival, de carácter gratuito e organizado pola asociación feminista O soño de Lilith, non soamente contará con concertos, senón que tamén ofrecerá obradoiros, charlas, performances, proxeccións ou espazos onde mulleres emprendedoras darán a coñecer os seus proxectos en disciplinas como a ilustración, a pintura, a artesanía ou mesmo a nutrición. 

Este ano no cartel do festival poderemos disfrutar de artistas como A Banda da Loba, De Vacas, Kumbia Queers,  Fillas de Cassandra e Sofía Cristo DJ.

Non dubides en achegarte a Vilagarcía esta finde e descubrir a cantidade de talento que temos en Galicia!

festivala