FillasCassandra

Fillas de Cassandra gaña o Premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galicia

Compartir

Fillas de Cassandra acaba de gañar o Premio á Mellor Música do Ano en Galicia polo seu tema “II. LISÍSTRATA (varre vasoira)”

O dúo galego formado por María Pérez e Sara Faro impúxose así a cancións competidor@s como “Para Cando Eu morra” de Sés ou “Paxaro do Demo”, de Baiuca e Xoel López, que quedaron en segundo e terceiro lugar respectivamente grazas aos máis de 6.792 votos efectuados polo público.

A organización do certame recalcou que o dúo gañador “segue innovando sen necesidade de abandonar a tradición cultural, reformulando a mensaxe feminista a través dun espazo no que a Grecia Clásica convive coa música electrónica”.

Na categoría de Mellor Música de Portugal, a canción gañadora foi “Maçãzinha”, da agrupación Retimbrar en colaboración coa artista galega Uxía Senlle.

 aRi[t]mar é un proxecto promovido por la Xunta de Galicia e a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co obxectivo de divulgar a música e a poesía en galego e portugués.

Noraboa Fillas de Cassandra!