Producion

O Conservatorio Superior de Música de Vigo lanza a nova convocatoria do seu Grao en Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas

Compartir

O Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMV) lanzou xa a convocatoria de Produción e Xestión De Música e Artes Escénicas, un título oficial e recoñecido dentro do Espacio Europeo de Educación Superior e equivalente a título universitario de grao.

Os Open Days comezan o 17 de abril coas presentacións nos conservatorios e centros que o soliciten, continuarán o 8 de maio coa presentación telemática e haberá un simulacro de probas de acceso ao grao o día 11 de  maio. As probas de acceso celebraranse entre os días 12 e 15 de xuño.

Para asistir aos Open Days deberás enviar un mail a produc_xestion@csmvigo.com

open days
Calendario dos Open Days

O obxectivo do grao é formar a profesionais da industria musical, e a metodoloxía de aprendizaxe está plantexada como activa multidisciplinar. Así, o alumnado participará na organización de actividades como a Semana da Produción e Xestión, o Festival Música Nas Ondas, visitas a foros sobre industria musical e prácticas.

O profesorado do grao está constituido por profesionais e músic@s de ampla e exitosa traxectoria, como o guitarrista e compositor Oswaldo Costal Oro, a clarinetista, produtora e xestora de música e artes escénicas María Fernández Trillo e a pianista e xestora cultural Andrea González.

andrea gonzalez
Andrea González, unha das docentes do grao
perfil de acceso
Perfil de Acceso ao grao

No plan de estudios atoparás disciplinas como tecnoloxía musical, comunicación, promoción e representación ou formación instrumental.

As saídas profesionais do grao abranguen un amplo espectro da industria musical, como xestoras culturais, directoras artísticas, produtoras musicais ou project managers.

Ademáis, o alumnado poderá acceder ao plan de prácticas do grao, que ten convenios con entidades públicas e privadas como a Orquesta Sinfónica de Galicia, Esmerarte ou o Festival IKFEM.

Accede a toda a información do grao premendo no botón: