Guadi Galego

Guadi Galego lanza “Noa”, tema en colaboración con Mäbu

Compartir

Guadi Galego acaba de lanzar o segundo adianto de “Roibén, o seu novo disco, que verá a luz o próximo 16 de decembro.

O sinxelo chámase “Noa”, e é un tema cheo de sensibilidade e significado en colaboración con María Blanco, da banda bilbaína Mäbu. Está producido por Iván Ferreiro, Sergio M. Puga e Oliveira Studi.

O seu videoclip, protagonizado polas marabillosas actrices Alicia Armenteiros e Elena Seijo, foi dirixido e producido por Toño Chouza cunha idea e guión de Jorge López. 

Podes velo aquí: