Eva Pico, mentorizada da I Edición de Descúbreas, pon a música en directo nos Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra

Compartir

Eva Pico, unha das mozas mentorizadas da I Edición de Descúbreas, foi encargada de por a música en directo na Gala dos Premios Provinciais Á Xuventude que cada ano entrega a Deputación de Pontevedra a proxectos de mozas e mozos de entre 16 e 35 anos como recoñecemento á calidade dos seus traballos en categorías tan diversas como a fotografía, a banda deseñada, a investigación ou música.

A gala deixou patente a cantidade de talento feminino que temos na provincia. O magazine “Ligione”, de Andy García, mentora de Descúbreas, recibiu o 2º premio na categoría de “Contido Audiovisual”. Parabéns!

Eva Pico interpretou tres temas durante a gala: “Ojos de Gata”, “Nana Triste”, unha versión do tema de Natalia Lacunza e Guitarritadelafuente, e “9 de Septiembre”, o seu novo tema propio, que interpretou en directo por primeira vez na gala.

Algúns momentos da entrega de premios

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Podes ver a interpretación en directo de Eva Pico xusto no video que ves a continuación:

11.11 - “Ojos de Gata”

01.02.50 - “Nana Triste”

01.41.41 - “9 de Septiembre”