Iria Estevez

Iria Estévez presenta o seu proxecto “Fado Nordés”

Compartir

A cantante de fado e músicas de raíz Iria Estévez presenta “Fado Nordés”, un novo proxecto xunto aos guitarristas Artur Caldeira e Daniel Paredes (dous músicos cunha ampla experiencia e traxectoria), que fusiona o tradicional fado portugués coa cantiga galega. Un punto de encontro único entre a profundidade da poesía, as melancólicas melodías, a liberdade na voz e o inigualable son das guitarras. 

“Fado Nordés” xurde inspirado pola existencia dunha comunidade de galegas e galegos nos barrios de Lisboa no momento en que nace o fado, no século XIX. Agora, a artista dalle voz a esta unión cultural con este novo proxecto.

Iria Estévez ten percorrido xa escenarios de toda a península con proxectos musicais como “En Clave de Fado”, no que actuou en festivais coma o “Convergências” de Braga ou o “Interfado” de Cataluña.

Agora podemos volver escoitala en “Fado Nordés”, que xa podes descubrir aquí: