Luz_casal

Luz Casal estrea “Hola, Qué Tal”

Compartir

Luz Casal regresa coa optimista  “Hola, Qué Tal”, a súa primeira canción inédita en 5 anos. O tema é o primeiro avance do seu decimosexto álbum de estudio, grabado en “La Casa Murada” e producido por Paco Salazar, Paco Trinidad e ela mesma, que publicará en marzo.

“Hola, Qué Tal” está inspirada nas conversacións telefónicas que a artista mantivo durante a pandemia con persoas descoñecidas que precisaban esperanza e compañía.

O lanzamento ven acompañado dun alegre e corido videoclip que evoca sensacións de liberdade dirixido por Salva Musté, e no que participan diversos extras bailando e transmitindo as ganas e enerxía de vivir.

A artista declarou sobre o seu novo disco: “Non hai cancións do silencio, da pena ou de dramas. Creo que é ao revés: hai máis cancións que falan en primeira persoa de aspectos que quero conservar, como manter a inocencia ou polo menos quitarlle o peso acumulado destes anos, onde parecía que ser inocente era ser unha pánfila”.


Descubre xa “Hola, Qué Tal”: