law-amor-mordaz

Law lanza o seu novo sinxelo “Amor Mordaz”

Compartir

A artista multidisciplinar, mentorizada na primeira edición de Descúbreas, publica o seu primeiro tema en galego, “Amor Mordaz”.

O sinxelo, que xa está dispoñible en tódalas plataformas dixitais, produciuno Isaac Garabatos. “Amor Mordaz” é puro R&B con toques do hip-hop dos 90’s e chéganos, o igual que Law, como unha bocada de aire fresco á nova escena da música urbana galega. En palabras da artista “Amor Mordaz manifesta unha preocupación pola vacuidade dos vínculos afectivos no mundo actual”.

Law prepara, xunto co seu productor Isaac Garabatos, un EP cheo de personalidade que seguramente nos fará vibrar.