“Los locos eran ellos” por EL País

Imaxinádevos sacar un disco e vender millóns de copias. Agora imaxina que os teus medios de comunicación favoritos da música te chaman “tola” e din da túa música que é “nefasta”, que “non serve para nada”.

Agora deixa de imaxinar xa que iso pasou na industria musical da década dos noventa e moitos deses estereotipos seguen hoxe en día. Pode ser unha das razóns polas que menos mulleres pisan os escenarios?

Xorden outras preguntas: realmente estaban “tolas” ou había algo máis? Tan mala era a música destas artistas a pesar de vender millóns de discos? Que podemos aprender hoxe en día?

Ana Marcos dános respostas a algunhas preguntas e fainos reflexionar noutras que quedan no aire no artigo de El País – El maltrato a las mujeres del rock en los noventa: los locos eran ellos. A periodista fai referencia ao libro de Minna Salami El otro lado de la montaña nas que di unhas palabras moi interesantes: “o ‘establishment’ cultural ridiculiza ás mulleres artistas que cuestionan as desigualdades sistémicas”. Volvemos preguntarnos: Serán as “tolas” que din ser ou había máis intereses detrás?

Convidámosvos a ler o artigo completo e, ademais, deixámosvos a ligazón directa á playlist creada por Ana Marcos para este artigo. Así gozaredes desta marabillosa música “nefasta”.

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea