Premios Martin Codax

Luz Casal, Sila Lúa ou Su Garrido Pobo, entre as mulleres premiadas nos X Premios Martin Códax da Música

Compartir

A X Edición dos Premios Martín Codax da Música, organizados pola Asociación Músicas Ao Vivo, celebrouse este pasado mércores 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se fixo entrega  dos preciados galardóns que visibilizan e recoñecen  a diversidade e a calidade artística das producións musicais e de todo o sector musical galego

A gala, que estivo presentada polo dúo “Vaguedades”, formado por Isabel Risco y Fran Rei, revindicou o talento musical galego e a cultura do viño. Ademáis, quedou patente un ano máis a cantidade e calidade de talento feminino que temos en Galicia.

Luz Casal recibiu o Premio Honorífico pola súa traxectoria. A cantautoura Su Garrido Pombo alzouse co premio á Mellor “Canción de Autora” e o trío Udra, do que forma parte Maritxinha,  levouse o preciado melómano na categoría de  “Blues, Funk y Soul”.

aila
Ailá, tras recoller o premio

Na categoría de “Músicas Urbanas” resultou vencedora Sila Lua e Ailá no de “Música Tradicional”.

Moitos parabéns!

Podes ver aquí o listado completo de premiadas e premiados:

premiados
Listado completo de premiadas e premiados nos X Premios Martín Códax da Música

E se te perdiches a gala, podes revivila aquí: