Canteira Fest

O Canteira Fest lanza a I Edición do seu “Concurso de Novos Valores Felicia Insuela”

Compartir

O festival galego Canteira Fest acaba de lanzar a primeira edición do seu “Concuso de Novos Valores Felicia Insuela” (en homenaxe á figura da cantareira), co obxectivo de promover e divulgar a labor das novas creadoras e creadores da escena musical galega.

O concurso está aberto a todos os estilos e correntes musicais, e a gañadora ou gañador actuará como teloneira na noite do 16 de setembro. Recibirá ademáis unha dotación económica de 150 euros.

Para participar, deberase presentar un tema orixinal en lingua galega, e o prazo para presentarse estará aberto ata o próximo 31 de xullo. Podes ler as bases completas premendo no botón:

O Canteira Fest celebrarse os vindeiros días 15 e 16 de setembro e polo seu escenario pasarán artistas como Fillas de Cassandra, MJ Pérez ou Sés.

Anímate a participar!