Babykatze

Babykatze lanza o videoclip de “OP”

Compartir

A artista galega Babykatze acaba de lanzar o videoclip completo do seu tema “OP”.

Gravado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela por Javier Alonso, o vídeo amosa á artista bailando xunto a Esther Latorre de Colectivo Glovo, creadora da coreografía.

O melancólico tema, pertencente ao seu Ep “Deep”,  foi masterizado por Pablo Bursz.

Descubre xa o videoclip, e recorda que Babykatze actúa hoxe 15 de xuño no Festival O Son Do Camiño ás 19.00h.