Bolboreta

As Lembranzas estrea o videoclip de”Bolboreta”

Compartir

A formación galega As Lembranzas acaba de lanzar o fermoso videoclip do seu novo sinxelo “Bolboreta”.

O tema, que fusiona electrónica e os ritmos tribais dos tambores de guerra xaponesa, intenta visibilizar a presión e discriminación da sociedade cara as persoas consideradas “diferentes”, resaltando ademáis o valor e a forza das mulleres na superación de todas as trabas ás que se enfrentan na súas vidas.

O tema foi producido por Agustín Sanchez e gravado en Garaxe Land, e o seu coidado videoclip está dirixido por Yago Rodriguez.

Descúbreo xa!