diablo

LAW, mentorizada da I Edición de Descúbreas, lanza o single e videoclip de “Diablo”

Compartir

LAW, unha das artistas mentorizadas na I Edición de Descúbreas, acaba de lanzar o videoclip de “Diablo”, un novo sinxelo que abre unha nova etapa na súa prometedora carreira musical.

Producido por Isaac Garabatos, o coidado e orixinal videoclip foi dirixido por Álex Mufasa, tamén responsable da direción de fotografía e montaxe, e rodouse entre o 20 Century Rock e o gimnasio “La Vieja Escuela”.

Non o perdas!