LAW

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Veni Vidi Vici"

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

Voz potente, letras poderosas e unha actitude desafiante ante as inxustizas son as armas coas que Law impulsa a súa carreira musical. A súa creatividade e versatilidade para facer da arte a súa filosofía de vida, convertérona nunha das creadoras máis completas da escena emerxente galega. Law é cantante, compositora e escribe guións de manga, ademáis de exercer coma modelo e actriz, profesora de canto e dobladora.
 
As súas composicións combinan as influencias do R&B, o hip-hop, o soul, o pop e mesmo melodías con reminiscencias nipoas. Deste xeito, os seus temas adquiren unha sonoridade única e vibrante. Pretende buscar o equilibrio entre a música urbana desenfadada e as liñas vocais e letras complexas e coidadas. A través destes elementos xérase un estilo melancólico que chega ás persoas pola súa honestidade, flow e paixón. Mediante a súa obra, vinculada estreitamente ás manifestacións artísticas clásicas, sinala as desigualdades do mundo á vez que explora e desentraña o seu propio.
 
O sinxelo “Veni Vidi Vinci”, gravado durante o Programa de Mentoring de Descúbreas I, foi o inicio dunha carreira musical que non cesa, lanzando en 2022 o seu cuarto single “Amor Mordaz”. Ese mesmo ano, participa en festivais tan importantes coma o “PortAmérica”, “SonRías Baixas” e “TerraCeo”, onde actúa de abreconcertos de Anni B Sweet.
 
En 2022 tamén foi nominada ós “Premios Maketon Maeloc” dos “40 Principales” polo videoclip de “Veni Vidi Vinci” producido durante o Programa de Mentoring de Descúbreas e foi definida, pola crítica musical, como unha das voces femininas a ter en conta no ano 2023. 
 

SPOTIFY

TIK TOK

YOUTUBE

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.