Melenas, mellor banda aleternativa dos Music Moves Europe Talent

Melenas foi unha das oito bandas gañadoras dos Music Moves Europe Talent Awards 2021 na parte de mellor banda alternativa grazas ao seu disco Días Raros. A banda de Pamplona está formada por Oihana (guitarra e voz), Leire (baixo), María (teclado) e Laura (batería). 

Gañadores dos Music Moves Europe Talent Awards 2021

  • Alyona Alyona (Ucrania)
  • Inhaler (Irlanda)
  • Julia Bardo (Italia)
  • Lous and the Yakuza (Bélgica)
  • Melenas (España)
  • Rimon (Holanda)
  • Sassy 009 (Noruega)
  • Vildá (Finlanda)

Non coñeces estes premios?

O Music Moves Europe Talent Awards son o novo premio da Unión Europea de música popular e contemporánea. Os premios celebran a artistas emerxentes que representan o son europeo de hoxe e de mañá. Cada ano, oito artistas destacados recibirán un premio Music Moves Europe Talent Award en recoñecemento ao seu éxito internacional, ademais de ser recompensados cunha actuación en ESNS ( Eurosonic Noorderslag) e apoio financeiro para xiras e promoción. Ademais disto, un dos dezaseis nomeados leva a casa o premio Public Choice Award.