Priscila Retamozo e Andy González ofreceron dúas interesantes charlas sobre Música e Igualdade e Imaxe Persoal
A II Edición do Mentoring de #Descúbreas2 comezou este pasado sábado 14 de maio na Sede da Diputación de Pontevedra en Vigo, onde tivo lugar a primeira das mentorías grupais. A presidenta de Deputación, Carmela Silva, presentou esta primeira serie de mentorías grupais cunha intervención onde recalcou a cantidade e calidade de talento feminino que temos na provincia de Pontevedra.
Priscila Retazomo, politóloga especializada en igualdade de xénero, foi a encargada de ofrecer unha interesante mentoría en Música e Igualdade, onde explicoulles ás oito rapazas mentorizadas desta nova edición a necesidade de rematar coa brecha de xénero na música e os recursos e ferramentas que poden empregar para manexarse nun mundo constituido na súa maioría por homes, ademáis de invitalas a reflexionar sobre cuestións como a importancia da mensaxe e contido das letras das cancións.
Andy González, deseñadora de moda, brindoulles ás mentorizadas as primeiras claves dun tema tan importante para unha artista como a Imaxe Persoal, e de cómo é preciso que manteñan unha coherencia entre a súa estética e as súas propostas musicais e audiovisuais.
Vanesa Sánchez e Andreia Táboas, do equipo de Descúbreas, ofreceron a primeira mentoría básica sobre comunicación do proxecto musical e realización de videoclips respectivamente, mentres que Javier Abreu encargouse dun primer achegamento á formación en industria musical.
Está previsto que nas próximas mentorías desta nova edición participe a enxeñeira de son gañadora de 5 Latin Grammy Salomé Limón.
E se non tiveches ocasión de acudir á Gala de Presentación desta nova edición de Descúbreas, podes recordala neste vídeo resumo: