Estudo igualdade xÉnero MIM

MIM publica o “II Estudo de igualdade de xénero na industria da música”

Compartir

A Asociación de Mulleres da Industria da Música, MIM, analiza por segunda vez a situación das mulleres na industria musical e publica, en colaboración con YouGov (firma internacional de investigación de mercados e análise de datos), o “II Estudo de igualdade de xénero na industria da música”.

Neste traballo revelan a situación das mulleres pasados tres anos dende o primeiro estudo, e trala crise económica e social derivada da pandemia. O análise volve a resaltar as desigualdades de xénero que existen dentro da industria e pon o foco en dúas realidades alarmantes:

  • A brecha salarial entre mulleres e homes segue superando o 20%.
  • O 80% das mulleres teñen que renunciar a aspectos da súa vida anterior para poder alcanzar as súas metas profesionais dentro do sector musical.
MIM Brecha salarial
MIM Brecha salarial

O estudo conclúe que as medidas adoptadas polas empresas para loitar contra as desigualdades de xénero son insuficientes para as mulleres o que conleva que o 44% das mulleres do sector se plantexen cambiar ou xa cambiaran de traballo durante o período da pandemia.