MJ Perez

MJ Pérez lanza o teaser de “Quero ser coma Villanelle”

Compartir

A artista galega MJ Pérez estrea este martes 14 de xuño ás 00.00h o single e videoclip de “Coma Villanelle”, do que xa podemos descubrir un pequeno e colorido teaser nas súas redes sociais.

O tema inspírase na personaxe de Villanelle, asesina psicópata da serie Killing Eve, e o videoclip foi gravado en La Colmena Estudio Creativo con Gustavo Dieste na dirección artística.

A artista fala de que este novo sinxelo terá unha dobre lectura: “Non falo só de Villanelle, falo moito de min. “Coma Villanelle” representa ruptura, representa cambio. Non hai nada mellor coma deixarse levar polo instinto. Non hai nada coma recuperar a esencia. Non hai nada coma facer o que che dea a gana. Non hai nada coma a autenticidade. Grazas Villanelle.”