Rigoberta Bandini

Rigoberta Bandini lanza “A Todos Mis Amantes”

Compartir

A artista catalana Rigoberta Bandini está de volta con novo single. “A Todos Mis Amantes” é un canto a todos os homes aos que rompeu o corazón que foi producido por Santos&Fluren e que se alonxa da sonoridade bailable de “Ay Mamá” para adentrarse nun estilo máis acústico.

A artista declarou sobre este novo sinxelo: “Cando a empecei a escribir deime conta de que no mundo da música o rol de rompecorazóns, polo xeral, pertence aos homes. Con ‘Julio Iglesias’ quixen apropiarme de ser a truhana e a señora e agora quero ocupar este espazo… Libérame poder ensinar todas as capas, non ter que edulcorarme. E, ademais, pareceume divertidísimo escribila e buscar imaxes graciosas, pero ao mesmo tempo decadentes, coas que a xente poida conectar”. 

Non perdas o seu videoclip, dirixido por Salvador Sunyer: