Roma

Roma Música estreará o seu novo disco nun showcase con meet&greet en Vigo

Compartir

A artista galega Roma Música estreará en acústico o seu novo disco “Mujer Fuente” este próximo xoves 16 de xuño na Sala Cuarenta de Vigo.

O novo traballo de Roma Música está formado por 9 temas gravados na Bodega Records e producidos por Rober Carcos xunto ao enxeñeiro de son Oscar Rodes. A artista definiu este novo álbum coma  ” un manual poético descriptivo de cómo unha servidora conecta coa súa fonte”. 

No showcase escoitarase o ábum xunto á artista e o produtor, que responderán ás preguntas das asistentes e contarán anécdotas sobre o proceso de gravación.

Haberá un primeira recepción para prensa e medios ás 19.30h, e a apertura ao público xeral será ás 20.00h.

Podes acceder ás entradas para o showcase premendo no botón:

roma