Noemi Fernandez

Noemí Fernández estrea o videoclip de “Celosa”

A galega Noemí Fernández acaba de estrear o videoclip de “Celosa”, segundo corte do seu disco debut “Al pie de la letra”.

O tema está composto pola propia Noemí xunto a David Ávila, quen comparte a produción da canción xunto a Doppler Media.

O videoclip está dirixido por Javier González con Diego Parrilla na edición, e mostra á artista interpretando o tema nun colorido ambiente de neón.

Noemí Fernandez foi a representante nacional do Tour Music Fest en 2019, onde se alzou co segundo posto do certame. Descubre xa o videoclip de “Celosa!”: