sync

O Local de Música de Pontevedra pon en marcha un curso de produción musical gratuito

Compartir

O Local de Música de Pontevedra acaba de por en marcha un Curso de Produción Musical con Ableton Live para todas aquelas persoas que estén interesadas en aprender a traballar nas súas primeiras producións co software Ableton.

O curso está impartido polo técnico de son e productor musical Pablo Trobo, e unha vez finalizado, as alumnas e alumnos estarán capacitadas para crear melodías, arranxos e realizar as súas propias producións musicais.

Constará de 2 bloques:

  1. Descrición dos compoñentes e funcionalidades de Ableton Live.
  2. Creación dunha composición musical completa a través da creación de sons, efectos, e coñecendo en profundidade os compoñentes do software.

 

Aquí podes ver o temario completo do curso: 

  1. Interface de usuario
    1. Interface de usuario
    2. Preferencias
    3. Tipos de pistas
    4. Creación de plantillas de traballo V
    5. Vista sesión/Concepto de clip audio vs MIDI
    6. Concepto de clip
    7. Vista arranxo/Automatización
  2. Instrumentos Nativos
    1. Analog
    2. Operator
    3. Wavetable
    4. Instrumentos de modelado físico
    5. Sampler
    6. Simpler
    7. Drum rack
    8. Impulse
  3. Efectos de audio
    1. Reverb, delay e echo
    2. Eq, dinámica e filtros
    3. Modulación e distorsión
    4. Outros efectos de audio
  4. Efectos MIDI

 

O curso terá lugar entre o 2 de novembro e o 29 marzo todos os mércores de maneira presencial en horario de 16:30 a 19:30 no Local de Música de Pontevedra. Ademáis, terás acceso a unha aula virtual para acceder a máis contidos e exercicios e tiorizacións personalizadas. 

Asistirán profesionais do sector convidad@s para presentar proxectos e información clave do sector, clases abertas no Local de Música para mostrar ao público os avances e clases Clubbing en garitos de Pontevedra. Case nada!

As prazas están moi limitadas. Soamente hai 10, así que bule e pre-inscríbete ao curso xa premendo o botón!