Raquel García Tomás gaña o Premio Nacional de Música 2020 de composición

Raquel García Tomás recibiu o Premio Nacional de Música 2020 na modalidade de composición “polo carácter interdisciplinar, innovador e arriscado dunha linguaxe compositiva singular e propio” e “pola calidade experimental do seu traballo, que soubo conectar co público, como pon de manifesto a estrea na tempada 2018/2019 da súa ópera Je suis narcissiste”. Así mesmo, o xurado destacou “a amplitude e diversidade do seu catálogo, que non se centra exclusivamente no teatro musical, senón que inclúe obras interpretadas polos solistas e grupos máis relevantes da actualidade”.

Máis información: