A artista viguesa Rebeca Rods acaba de estrear o single e videoclip de “Ensíname”, a adaptación ao galego de “Enséñame”, tema que pecha o Vol. I do álbum “Gospel Symphony” da artista xunto a Black Light Gospel Choir, un disco que tenta unir “a maxia da música clásica coa forza do góspel”.
O videoclip, creado por Jacobo Areal e rodado nas Illas Cíes e os seus arredores, mostra impoñentes estampas paisaxísticas coa artista interpretando o tema nelas.
Non o perdas!