A banda galega de soul Carla Green & The Demons acaba de estrear o videoclip en directo do seu tema “Unyielding”. O single foi grabado por Fernando Mejuto en La Cortina Roja Estudios de A Coruña, e o videoclip, creado cunha estética vintage setenteira, é obra de Pablo Goluboff.
Carla Green & The Demons alzáronse o pasado 2020 co Premio Martin Códax da Música na categoría de Blues/ Funk/Soul, e actualmente atópanse ultimando detalles dunha das súas presentacións en directo, da que sabemos terá lugar na Coruña.
Descubre xa o videoclip de “Unyielding”!