Ceras Rosas

dani presenta “Ceras Rosas”, o seu novo single

Compartir

A artista viguesa dani acaba de presentar “Ceras Rosas”, un novo sinxelo que chega acompañado dun orixinal videoclip dirixido por Silvia Coca.

O clip xoga coas imaxes de dani e animacións a modo de recortes de papel e debuxos feitos a man con ceras rosas. O estilismo que mostra a artista no vídeo é obra de Antonio Delgado.

“Ceras Rosas” é o primeiro adianto de “Posdata”, o próximo disco de dani que verá a luz este outono. O sinxelo está producido unha vez máis por Aaron Rux, e a súa letra é un “desafogo á sensación de soidade”.

Descúbreo xa!