ROSALIA

Rosalía comparte o teaser dun novo tema: “Saoko”

Rosalía estrea este 4 de febreiro “Saoko”, novo adianto do seu terceiro álbum de estudo “Motomami” que verá a luz este 2022. A artista xa filtrara un fragmento do tema o pasado mes de decembro a través de TikTok, e agora comparte 19 segundos do seu videoclip.
A palabra que dá nome ao tema, “Saoko”, é un termo de orixe africana (escrita orixinalmente como “saoco”), cuxo significado se aproxima á sensación que nos produce unha canción que nos fai bailar.
 
No tráiler do clip podemos ver a Rosalía xunto a un grupo de motoristas que percorren a cidade de noite. Descúbreo aquí: