Sabela

Sabela Cereijo presenta o emotivo “Madre”

Compartir

A artista e compositora galega Sabela Cereijo acaba de presentar “Madre”, un emotivo tema adicado a súa nai e producido por Raúl Ben. O tema é toda unha homenaxe a Marisol, nai de Sabela, e forma parte dun novo proxecto que levará por nome “Sabela Cereijo 3.9”.

Non deixes de ver o seu videoclip, rodado por Pixelize Audiovisual durante unha sesión de fotos da artista e a súa nai onde esta última descoñecía que nese momento estaban a rodar o que sería o videoclip do tema.

Dalle ao play e descùbreo xa!