imagen de un corazon y la frase ora aperta amor mj perez ft crua

MJ Pérez e CRUA lanzan o videoclip de “Ora aperta, amor”

Compartir

MJ Pérez e CRUA lanzan o videoclip de “Ora aperta, amor”, un fermoso traballo firmado pola propia artista. Neste videoclip, MJ Pérez pon imaxes a esta versión moi persoal dunha canción tradicional do folclore portugués, coa que desexa facer unha homenaxe aos seus avós e ás súas raíces.

A canción, producida por Peter Petrowski, destaca non só polas voces, senón tamén pola incorporación do cavaquinho (gravado por João Ferreira Martins), o acordeón (gravado por Fran Barcia Trashorras) e os adufes e percusión do CRUA. Coa combinación destes elementos, Peter Petrowski conseguiu fusionar a tradición coa actualidade sen perder a súa esencia.

Este videoclip é unha mostra do talento de MJ Pérez e CRUA para reinterpretar e adaptar as raíces culturais nun contexto contemporáneo, ofrecendo así unha experiencia musical única e emotiva para os espectadores.