Seguro que non é a primeira vez que che preguntas que deberías facer para dar os primeiros pasos nisto da música, ou como facer cancións, como publicalas, como conseguir que che escoiten e vexan, como facer os teus primeiros concertos … en definitiva: como funciona todo iso da música 🙂
Novo Taller organizado por Descúbreas coa presenza de Patricia Hermida e artistas convidadas.
O vindeiro sábado 20 de maio terá lugar o taller “Comeza a túa carreira musical” na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (rúa de Eduardo Chao s/n). Este taller, dirixido tanto a profesionais como a aficionadas, ten como obxectivo ofrecerte as ferramentas necesarias para dar os teus primeiros pasos nesa industria.
Ao longo da xornada, Patricia Hermida, recoñecida produtora de concertos, xestora, avogada e presidenta de AGEM (Asociación galega de empresas musicais), impartirá unha ponencia desde as 10:00 da mañá. Nela, compartirá con todas nós unha morea de coñecementos moi valiosos sobre a industria musical, os seus procesos e os aspectos legais relacionados coa música e os espectáculos.
Posteriormente, a partir das 13:00 horas, terá lugar unha mesa redonda e debate participativo con artistas invitadas. Será unha oportunidade única para intercambiar experiencias e coñecer de primeira man as vivencias das mulleres que traballan na industria musical galega.
No taller, non só coñecerás a industria musical, senón que tamén poderás formar parte dun espazo didáctico de confianza onde terás a oportunidade de compartir experiencias con novas compañeiras.
Se estás interesada en participar neste taller, convidámoste a enviar a túa reserva ao correo electrónico info@descubreas.com. Unha vez recibida a túa reserva, enviarémosche as instrucións necesarias para aproveitar ao máximo esta actividade.
Non esperes máis! Únete a nós e avanza na túa carreira musical.
Reserva a túa praza canto antes en info@descubreas.com
Os obradoiros de Descúbreas son unha oportunidade excelente para coñecer como funciona a escena musical desde dentro e compartir experiencias con outras rapazas interesadas na música.