Lingua Perversa

A Banda Da Loba estrea “Lingua Perversa” xunto a Monoulious Dop

Compartir

A Banda Da Loba festexa o Día Das Letras Galegas cun bailable e reivindicativo tema sobre o empoderamento feminino e o amor á lingua galega xunto a Monolious Dop.  O sinxelo foi gravado por Arturo Vaquero nos Estudios Abrigueiro.

A banda acompañou o lanzamento do seguinte texto: “A linguaxe non é inocua, a linguaxe é perversa porque nomea a realidade segundo un modelo social tamén perverso. O sistema patriarcal invisibilízanos e descualifícanos empregando todas as súas armas, pero nós tamén temos lingua e podemos escoller como usala. Quen quere xogar?
Vivan as lagartas, as cadelas, as lobas, as víboras, as vacas e demais bichería!”

Non perdas o seu festivo videoclip, dirixido por Lucas Terceiro e rodado na Sala Sonar de Santiago de Compostela: