Sabela

Sabela lanza “No Sé Lo Que Quieres”, novo adianto do seu próximo disco

Compartir

Sabela acaba de lanzar “No Sé Lo Que Sientes”, un novo sinxelo producido xunto a Mateo Bruquetas que formará parte de “Ceniza”, o seu novo disco que verá a luz o próximo 3 de marzo.

O tema fala das dúbidas e medos ao redor dunha relación que termina, e a necesidade de despedirse. En palabras da artista galega: “Moitas persoas queren chegar e chegan, pero moi poucas despídense, sendo este acto moito máis relevante. Dicir adeus, pechar a porta de forma sincera e honesta, é o gran acto de amor cando este último cambiou ou xa non existe”.

Sabela estará presentando o seu novo disco na Sala Capitol de Santiago o próximo 9 de marzo. Preme no botón para mercar a túa entrada!