SABELA

Sabela presenta “Peligro de Extinción”, o seu novo single

Compartir

A artista galega Sabela ten novo sinxelo. “Peligro de Extinción” é un emotivo e delicado tema que fala do vacío e a pérdida de algo ou alguén. En palabras da artista: ” Este tema rompeume un pouquiño o corazón. Todo muda, todo termina. E está ben. Porque iso significa que hai vida.”

“Peligro De Extinción” é o segundo adelanto do novo disco de Sabela, do que aínda non hai data oficial de publicación.

O seu melancólico videoclip, dirixido por Isabel Padilla e Silvia Grav, está rodado na Praia das Catedrais de Ribadeo cunha estética vintage en branco e negro. Volvemos a ver como protagonistas a Sabela e Claudio Portalo, coma no anterior single “Ya No Me Quiero Ir”.

Non o perdas!