Rainbow Sessions

Broken Peach estrea a primeira das súas “Rainbow Sessions”

Compartir

Broken Peach acaba de estrear a primeira das súas “Rainbow Sessions”, unha serie de mashups de famosos temas grabados en directo nunha única toma. “Boogie Wonderland” está formado por 4 hits:

O propio “Boogie Wonderland”, sinxelo de Earth, Wind & Fire xunto a The Emotions lanzado en abril de 1979, “Get Down On It”, o tema publicado en 1981 por Kool & the Gang, “Get Down Tonight”, o hit de KC and the Sunshine Band do 75 e a versión instrumental do tema dos Red Hot Chili Peppers “Hump The Bump”.

Non perdas o clip, cheo de enerxía e cor!: