Sara Casas

Sara Casas, mentorizada de Descúbreas, publica “Sorrir”, o seu segundo single

Compartir

Sara Casas, unha das mozas mentorizadas da II edición de Descúbreas, acaba de publicar o seu segundo single: “Sorrir”.

A compositora viguesa regálanos un tema cargado de boa enerxía e sonoridade reggae cunha mensaxe que defende a liberdade que nos ofrece a creación artística coma unha ferramenta contra a hostilidade e inxustizas do sistema no mundo actual.

No tema, gravado por Luis Tombo de 24 Kilates, entremézclanse diferentes idiomas coma o castelán, o portugués ou o brasileiro.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Non deixes de sorrir co novo sinxelo de Sara Casas!: