Sheila Patricia estrea “Eido” xunto a Gabi Reboredo

Share on facebook
Share on whatsapp

Xa podemos descubrir ao completo “Eido”, o novo tema de Sheila Patricia xunto a Gabi Reboredo cuxo lanzamento anunciaba a artista hai algúns días.

“Eido” está producido por Sheila Patricia xunto a Agustín Sánchez, e fusiona a sonoridade tradicional galega con elementos da percusión africana.

O seu elegante videoclip foi creado por Aitor Ramos Soto, e mostra a ambos os artistas interpretando e bailando o tema no que parece ser un sombrío alpendre.

O tema, que formará parte do novo disco de Sheila Patricia, foi definido como “Unha reivindicación do propio e tamén un cuestionamento; unha alegoría ao amor a un patrimonio inmaterial que é de todas e de ninguén ao mesmo tempo, representado nun lugar pechado case claustrofóbico, nun alpendre que evoca directamente á propiedade.”

Descúbreo xa!

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea