Sheila Patricia estrea o seu novo sinxelo “Maneo de Caión”

Sheila Patricia estrea o seu novo sinxelo “Maneo de Caión” acompañado dun videoclip realizado por Aitor Ramos. “Maneo de Caión” trátase dunha homenaxe á muller labrega nos períodos de guerra e emigración, no que esta, quedaba soa ante o peso do traballo da casa e do campo, cunha tremenda soidade e pesar.

Sheila Patricia é filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares. A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila. Así nace “Maneo de Caión”, unha readaptación deste popular tema galego.