evab

“Ya No Hay Nous” é o novo tema da compositora galega Eva B xunto a Leo Rizzi

Eva B continúa deleitando as súas seguidoras e seguidores con cada single que lanza tras a súa saída de Operación Triunfo.
Esta vez a artista galega aliouse con Leo Rizzi para a creación de “Ya No Hay Nous”, un elegante tema cuxo sorprendente videoclip non ten desperdicio.
 
Dirixido por JLlamas e cun guión da propia Eva B, o vídeo trasládanos ao Hollywood dos 50 a modo de documental.
 
Eva explicou o motivo da colaboración: “Escollín a Leo Rizzi, entre tantas cousas, pola súa voz doutra época. Considero que é o inicio perfecto para dar paso á miña primeira colaboración”.
Rizzi, pola súa banda, tamén realizou declaracións sobre este novo single: “Opino que os nosos estilos e voces fan posible que esta colaboración teña sentido hoxe en día. É un proxecto cheo de referencias e matices culturais.”
 
Non queremos revelarche o contido do videoclip, xa que merece a pena velo, pero permitímonos a licenza de facerche un pequeno spoiler adiantándoche que o seu final é realmente tráxico. Anímaste a descubrilo?