EVA PICO

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "La Última Canción"

É a cuarta das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

Eva Pico é unha moza de Marín que leva facendo música toda a vida. Con apenas 17 anos xa era clarinetista, trompetista e compoñía ao piano. Talento non lle falta a Eva que ten unha voz elegante, potente e chea de personalidade, ademáis de moitas ganas de mostrarlle ao mundo os seus proxectos.
 
O seu tema debut “La Última Canción” é unha balada de desamor que sorprende pola súa madurez. “La Última Canción” é en realidade a primeira que esta pontevedresa gravou nun estudo profesional grazas ao Programa de Mentoring de Descúbreas I. 
 
Tras o seu paso polo Mentoring, descubre unha nova vocación: a produción musical, e comeza a formarse para este fin na academia “Bonobo”. En 2022, actua en festivais tan destacados coma o “Atlantic Fest”, “Festival Sinsal” e “Son de Marín” e ofrece máis de media ducia de concertos xunto a Sara Castro (piano) e Marián Hasting (guitarra). Ese mesmo ano, presenta as súas novas composicións nos “Premios Provinciais á Xuventude”, acompañada pola pianista Lidia Aldao.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.