IMAGEN MENTORING

2 días para o peche de inscricións ao Mentoring de Descúbreas: Así foron as actividades da I Edición

Compartir

A fase de inscricións ao II Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra afronta a súa recta final. Este venres 11 de marzo remata o prazo para poder inscribirse e optar a unha das becas que a Deputación de Pontevedra concederá a oito mozas da Provincia de Pontevedra para dar os seus primeiros pasos na industria musical. Preme no botón para acceder as inscricións!

Hoxe gustaríanos recordar algunhas das actividades que realizamos na pasada edición do mentoring.

Unha das primeiras actividades que realizamos na I Edición do Mentoring de Descúbreas foi un taller de iniciación á industria musical con Patricia Hermida (Presidenta de AGEM, co presidenta da Asociación de Managers Internacional, e mánager de bandas como Agoraphobia, entre outros cargos). Nela as mozas aprenderon cuestións relacionadas cos dereitos de autor, as diferentes figuras dentro da industria musical ou a labor dunha mánager.

Outra das actividades que as mentorizadas tiveron oportunidade de disfrutar foi dun taller de proceso creativo e son coa artista e produtora Wöyza, quen facilitou ás rapazas diversas claves e ferramentas sobre cuestións como manexarse nunha proba de son ou afrontar o proceso de composición dunha canción.

A visita ao Festival Vive Nigrán foi outra das actividades que ofreceu a I Edición do Mentoring de Descúbreas. Da man de Raquel Seijo, xerente de Sweet Nocturna, as mozas pudieron coñecer de primeira man cómo se organiza un festival, os entresixos do backstage ou as medidas de seguridade necesarias. Ademáis, tiveron a oportunidade de falar coa artista e compositoria Mounqup, que explicoulles cómo se vive a escena musical dende o rural.

Na segunda Edición do Mentoring de Descúbreas espérante actividades similares a estas. A que esperas para inscribirte e dar os teus primeiros pasos na industria musical? Inscríbete pinchando no botón!