Xa non queda nada. En menos de 48 horas remata o prazo de inscricións ao II Programa de Mentoring de Descúbreas, no que a Deputación de Pontevedra concederá oito becas a oito mozas da Provincia de Pontevedra para dar os seus primeiros pasos na industria musical.
As inscricións péchanse este venres 11 de marzo. Recorda que para participar terás que ter entre 16 e 30 anos, ser residente na Provincia de Pontevedra e ter creado ao menos unha canción
Pulsa no botón para inscribirte antes de que remate o tempo!
Hoxe gustaríanos recordar o proceso de gravación no estudio dos singles das oito rapazas da I Edición. Os estudios de gravación do Náutico de San Vicente do Grove e Estereoarte de Vigo foron os espazos nos que Ali, Law, Eva, Xia, Inés, Sara, María e Aroa pudieron dar forma e vida as súas creacións musicais, ademáis de aprender o proceso de como se grava unha canción.
Dalle ao play ao vídeo para velas en acción!