MARÍA

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Marea"

É unha das 8 mentorizadas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

María é, unha moza viguesa, vocalista e guitarrista da formación Norde. Xunto a Aroa, tamén participante do programa Descúbreas Mentoring, son as “front woman” desta formación de estilo indie, con influencias de bandas como Vetusta Morla ou Xoel López. Influenciada pola paisaxe e a cultura galega, María crea unha atmosfera única, xunto á súa compañeira e compañeiros de banda, que da lugar a uns valores e unha estética moi especial.

Tras publicar con Norde o seu primeiro single “El Reflejo”, unha reflexión sobre o tempo e as emocións, lanzan un segundo tema “Marea”, gravado dentro do Programa de Mentoring de Descúbreas I no estudo do Naútico de San Vicente e producido por Javier Abreu. Na gravación do tema participaron Lucas San Teodoro, Mateo Fernández, Daniel González, María Ferreirós e Aroa Ferreiro. “Marea” representa unha oda ao transcurrir do tempo e con él Norde consegue demostrar que é unha aposta sólida e segura de presente e futuro na escena indie galega

YOUTUBE

FACEBOOK

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.