AROA FERREIRO

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "El Reflejo"

É unha das 8 mentorizadas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

Aroa Ferreiro é unha moza viguesa compositora e vocalista. Ela é a responsable das letras e composicións da banda Norde que comparte coa súa compañeira María, tamén participante do programa Descúbreas Mentoring. Xuntas desenvolven as cancións da formación. As súas influencias veñen marcadas por artistas da escena indie de Galicia e as súas creacións conteñen letras poéticas e persoais que se afastan das estruturas convencionais, combinadas cunha música de liñas melódicas con moita dinámica que alcanza unha sonoridade case sinfónica.

O seu primeiro single “El Reflejo”, gravado no Programa de Mentoring de Descúbreas I, é unha reflexión sobre o tempo e as emocións. Na creación e gravación do tema, producido por Javier Abreu, participaron Lucas San Teodoro, Mateo Fernández, Daniel González, María Ferreirós e Aroa Ferreiro. O tema fala dos “xigantes” que ás veces ocupan as nosas cabezas e intenta eliminar os estigmas que existen sobre as emocións e a saúde mental. A banda quere sensibilizar sobre a deterioración cognitiva e o consegue cunha letra elegante e unha composición sonora contundente e sofisticada.

YOUTUBE

FACEBOOK

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.