norde

NORDE

Norde é unha nova banda de música indie rock en castelán nacida en Vigo, formada por cinco membros de diferentes escolas da cidade. O grupo xorde a partir do dúo acústico de versións que empezaron Aroa Ferreiro e María Ferreirós, vocalista e guitarrista da formación. Tras o parón profesional que supuxo a situación derivada do COVID-19, centraron a súa actividade na composición das súas propias cancións. Posteriormente, Dani González uniuse ao proxecto como segundo guitarrista. Lucas San Teodoro e Mateo Fernández incorporáronse finalmente como baixista e batería do grupo. O propio nome da banda fai referencia ás orixes dos compoñentes. Norde forma parte do título dunha obra de Álvaro Cunqueiro, e é a antiga nomenclatura galega da palabra Norte. Partindo da paisaxe e a cultura galega crean unha atmosfera que dá lugar aos valores e estética do grupo.
 
O estilo musical da banda xorde por mor das diferentes influencias coas que creceron e formaron os seus compoñentes. Partindo de letras poéticas e persoais que se afastan das estruturas convencionais, compoñen un universo alternativo, detallado e emocional, que combina liñas melódicas dinámicas e alcanzan unha sonoridade case sinfónica.
 

O seu primeiro single “El Reflejo” é unha reflexión sobre o tempo e as emocións. Unha canción que trata de eliminar estigmas sobre as emocións e os procesos mentais que sofren as persoas ao longo de toda unha vida. Fala dos xigantes que ás veces ocupan as nosas cabezas. A banda pretende sensibilizar sobre a deterioración cognitiva e faio cunha letra elegante e unha composición sonora contundente e sofisticada.

O seu inquietante videoclip está protagonizado pola actriz Maria Costas, quen loga reflectir á perfección a sensación de desasosego que Norde transmite coa letra do tema:

Descubre aquí o primeiro videoclip de Norde: "Marea"

Tras publicar o seu primeiro single, Norde lanza un segundo tema: “Marea”, grabado no estudio do Naútico de San Vicente e producido por Javier Abreu. Na gravación do tema participaron Lucas San Teodoro, Mateo Fernández, Daniel González, María Ferreirós e Aroa Ferreiro; estas últimas gozaron do mentoring da bolsa Descúbreas da Deputación de Pontevedra que fixo posible a gravación en estudo deste single.
 
“Marea” representa unha oda ao transcurrir do tempo, e con él Norde consegue demostrar que é unha aposta sólida e segura de presente e futuro na escena indie galega. 

YOUTUBE

FACEBOOK

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.