SINNER

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "B.T."

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

A elegancia do glam e a contundencia do punk danse a man en Sinner. Esta moza pontevedresa, que estudou tres anos de canto, é unha apaixonada da música e inspírase en artistas como Oliver Sykes e a súa banda “Bring Me The Horizon”, Avril Lavigne, Kelly Clarkson, Demi Lovato e All Time Low. Do seu ecléctico gusto musical (rock, trap, metal, pop ou rap americano) xorde o seu single debut “B. T”, gravado e producido no marco do Programa de Mentoring de Descúbreas I. Unha canción de pop rock na que compensa a súa delicadeza musical con potentes letras e que se materializa nun videoclip que mextura a psicodelia, o glam e a estética punk rock dos oitenta.
 
Sinner levou ás súas cancións a un festival tan importante coma o “Revenidas”, actuando na edición do ano 2022. A comezos do 2023, publica unha versión do tema “December” de Neck Deep co músico valenciano Ed.

YOUTUBE

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.