ALI MOREIRA

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "La Culpable"

É a terceira das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

Ali é unha moza pontevedresa que demostrou o seu interese pola música desde moi nena. Estudou piano e canto e comezou a escribir cancións a partir dos 16 anos, inspirándose en artistas coma Aitana.

Dentro do Programa de Mentoring de Descúbreas I lanza o seu single debut, “La Culpable”, un canto ao desamor pero desde unha perspectiva empoderada en forma de balada pop. Ali Moreira pretende infundir forza, seguridade e determinación naquelas persoas que manteñen unha relación tóxica por non ser capaces de poñer un punto e final á mesma. Pero ademáis, Ali receita e interpreta as súas cancións ás persoas da súa contorna como analxésicos emocionais e este sinxelo, “La Culpable”, é un deses temas que curou algún corazón roto e que ela tiña gardado á espera de poder gravalo nun estudo.

Actualmente ten composta unha trintena de novas cancións que espera publicalas no que sería o seu primeiro álbum. 

YOUTUBE

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.