Hoxe 11 de marzo é o último día para inscribirte no Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra de este 2022. Se resides en Pontevedra, tes entre 16 e 30 anos e creaches ao menos unha canción, podes optar a unha das 8 becas que concede a Deputación de Pontevedra, e que servirán para que poidas dar os teus primeiros pasos na industria musical a través de mentorías con mulleres referentes da industria, a gravación do teu single nun estudio profesional e a realización dun videoclip.
Na pasada edición, Patricia Hermida, Wöyza, Andy González e Raquel Seijo foron as mentoras que guiaron e formaron ás rapazas a través de mentorías individuais e talleres grupais, como o de iniciación á industria musical, o de proceso creativo ou a visita ao Festival Vive Nigrán, onde aprenderon como se organiza un gran festival.
Dalle ao play ao video para descubrir como foi o Mentoring da I Edición.
E descubre o resultado dos singles e videoclips das oito mozas da primeira edición premendo no botón:
Tes dúbidas de como funciona o proceso do mentoring? Asi é:
CRITERIOS DE SELECCIÓN
Valoraremos as túas aptitudes, o teu talento, as túas ganas, pero, sobre todo, tentaremos saber se é o momento axeitado para que deas eses primeiros pasos.
PROGRAMA DE BECAS
Se resultas elixida entre as candidatas, as nosas mentoras asesorarante para que empeces a camiñar no mundo da música, graves unha canción nun estudio profesional e realices un vídeo musical.
ASESORAMENTO PROFESIONAL
O programa inclúe seis sesións de asesoramento en liña con expertas coas que descubrirás as claves da escena musical.
ESTUDIO DE GRAVACIÓN
Acompañámoste no proceso creativo e darémoslle forma gravando a túa primeira canción nun estudio profesional.
O TEU PRIMEIRO VÍDEO MUSICAL
A mentoría musical tamén inclúe a realización do teu vídeo musical en formato profesional.