Maro

Maro representará a Portugal en Eurovisión tras gañar o Festival da Cançao

Compartir

A xove artista multiinstrumentista Maro representará a Portugal en Eurovisión este ano tras gañar o Festival da Cançao de Portugal, a preselección nacional para ir a Eurovisión. Proclamouse vencedora por unanimidade no televoto e no voto do xurado, alcanzando a máxima puntuación en ambos.

Maro escribiu a súa primeira canción con 11 anos, e estudiou no Berklee College of Music de Boston. Trasladouse despois a Los Ángeles para iniciar a súa carreira musical e dende entón ten colaborado con artistas como o británico Jacob Collier ou os australianos The Paper Kites.

O seu delicado tema “Saudade Saudade” fala sobre a pérdida dun ser querido, e escribiuna en homenaxe ao seu avó falecido.

Revive a actuación de Maro aquí: